Skip to main content
material escolar

Subvencións para material escolar no Concello de Touro dirixidas a familias vulnerables

A Base 12 deste Plan, plantexa a finalidade do Plan de apoiar aos servizos sociais municipais, permitíndolles incrementar o seu gasto social extraordinario e a tramitación urxente das prestacións sociais necesarias en situacións de risco de exclusión, freando e previndo tanto a cronificación como o círculo vicioso da desigualdade social, incidindo nos fenómenos que xeran malestar e conflito ás persoas máis vulnerabilizadas e procurando o benestar social do conxunto da poboación dos municipios.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 (vinte) días naturais contados a partir do día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), de conformidade co procedemento establecido no artigo 20.8. da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/03/2026_0000005685.html

Comments