Skip to main content
comercio

Subvencións para plans de apoio e solucións TIC da Cámara de Comercio A Coruña

O obxecto é promover a participación das pemes no Programa Peme Cibersegura, poñendo á súa disposición servizos de apoio e axudas económicas para implantar solucións TIC, subvencionadas nun 60% a través do Programa Plurirrexional de España FEDER 2021-2027 (POPE).

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes na referida Sede ábrese ás 09:00h, unha vez transcorridos 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación deste anuncio e ata as 14:00h do día 15 de outubro de 2026, aínda que o prazo poderá acurtarse en caso de esgotarse o orzamento.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/08/2026_0000005804.html

Comments