Skip to main content
comida escolar

Axudas para mantemento de comedores escolares no Concello de Redondela

As axudas económicas irán destinadas a sufragar o custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor, así como o cofinanciamento das actividades extraescolares para as que se solicita a subvención.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de instancias e da documentación xustificativa será a partir do día seguinte ao da publicación oficial do extracto desta convocatoria no BOPPO, ata o día 30 de setembro de 2026, inclusive.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/08/2026066382

Comments