Curso Conversa que transforma: WhatsApp Business
A Rede Eusumo organiza a xornada en liña "Conversa que transforma: conecta, comunica e medra con WhatsApp Business".
Prazo: Do 16 ao 30 de setembro.
Formación gratuíta.
Modalidade: en liña | 20 horas.
Obxectivo: Capacitar ás persoas participantes no uso profesional de WhatsApp Business como ferramenta de comunicación, promoción e comercialización, aprendendo a configurar a conta, xestionar clientes, automatizar mensaxes e integrar outras ferramentas dixitais.
Público obxectivo: Persoas emprendedoras e público en xeral que desexen mellorar a súa comunicación comercial e a relación coa clientela mediante o uso profesional de WhatsApp Business.
Máis información: EUSUMO.GAL




Comments