Skip to main content
material escolar

O Concello de Xunqueira de Espadanedo convoca axudas para a adquisición de material escolar no curso 2026-2027

O Concello de Xunqueira de Espadanedo abre a convocatoria de subvencións destinadas a apoiar ás familias do municipio no financiamento dos gastos de compra de material escolar para o curso 2026-2027.

Os puntos chave da convocatoria son os seguintes:

  • Obxecto: Axudas para a adquisición de material escolar.

  • Persoas beneficiarias: Familias con alumnos/as empadronados/as no Concello de Xunqueira de Espadanedo que estean matriculados/as en centros docentes públicos ou privados concertados no 2º ciclo de Educación Infantil.

  • Importe da axuda: Unha contía fixa de 80 € por alumno/a.

  • Material subvencionable: Libros de texto, cadernos, material de debuxo e manualidades, papelaría, pinturas, estoxos, clasificadores, elementos de xeometría e outro material escolar preciso para o desenvolvemento do curso.

  • Presentación de solicitudes: De xeito telemático a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

  • Prazo de solicitude: 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense.

https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352591

Comments