Subvencións a entidades culturais no Concello de As Pontes de García Rodríguez
Ao amparo destas bases reguladoras e de conformidade co disposto na Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no título V das bases de execución do orzamento do Concello das Pontes para o exercicio de 2026, o Concello das Pontes de García Rodríguez convoca axudas públicas co obxecto de dar apoio ás entidades culturais do municipio.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/16/2026_0000005937.html




Comments