Skip to main content
boccia

Subvencións a medios de mobilidade directamente relacionados co deporte practicado, Deputación Pontevedra

Aprobar o incremento, por importe de 500.000,00 €, da dotación económica destinada á convocatoria de subvencións dirixidas aos clubs deportivos da provincia de Pontevedra para a adquisición ou adaptación de medios de transporte e mobilidade directamente vinculados ao desenvolvemento da súa actividade deportiva habitual durante o exercicio 2026, con cargo á aplicación orzamentaria 26/340.3410.789.05, pasando a dotación total da convocatoria de 1.000.000,00 € a 1.500.000,00 €.

Dispoñer a publicación do correspondente anuncio de incremento da dotación económica nos mesmos medios nos que foi publicada a convocatoria, de conformidade co establecido na base quinta das bases reguladoras e na normativa de aplicación.

Notificar o presente acordo aos servizos provinciais competentes para os efectos oportunos.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/17/2026068266

Comments