Modificación do deporte de élite provincial para incluir as categorías DEPORTE DAN+ e DEPORTE TALENTO, Deputación de Pomntevedra
Aprobar a modificación puntual do parágrafo segundo da base terceira (Financiamento) das bases reguladoras para a concesión das axudas da Deputación de Pontevedra ao deporte de alto nivel e ao talento deportivo da provincia no ano 2026, vinculadas ao recoñecemento das categorías provinciais DEPO_DAN, DEPO_DAN+ e DEPO_TALENTO, no relativo á porcentaxe máxima da contía adicional, que pasará do 25 % ao 40 % do importe total inicialmente previsto.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
A modificación aprobada non implicará a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes nin a modificación dos requisitos, criterios de valoración ou demais condicións que rexeron a convocatoria.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/17/2026068269




Comments