Subvencións a asociacións veciñais no Concello de Santiago de Compostela
Estas bases teñen por obxecto establecer as normas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións de veciños, constituídas como tales, e con ámbito de actuación no Concello de Santiago, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral durante o exercicio 2026.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/21/2026_0000006045.html




Comments