Skip to main content
material escolar

Axudas para material escolar no Concello de Montederramo

As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ás familias de alumnos/as matriculados/as no curso escolar 2026-2027 en centros docentes de Educación Infantil, Educación Primaria e de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) e que se atopen empadroados no Concello de Montederramo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes a partir do día seguinte á publicación do anuncio do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352630

Comments