Skip to main content
agasallos

Axudas para mercar agasallos de Nadal no Concello de Narón

O obxecto destas bases é a regulación da concesión de axudas destinadas á integración das persoas que carezan de recursos económicos propios suficientes, procurando que os menores das familias máis desfavorecidas do Concello de Narón teñan un agasallo polo Nadal, contribuíndo así ao fomento da igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias que, neste momentos, teñan unha precaria situación económica.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña, publicación que se levará a cabo a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/22/2026_0000006028.html

Comments