Skip to main content
formacion

Curso en liña sobre animación cibercultural

A UNED organiza un curso centrado na animación cibercultural, entendida como unha práctica socioeducativa que adapta as dinámicas socioculturais aos novos paradigmas do ciberespazo.

Data: 20 e 21 de outubro de 2026
Modalidade: en liña, en diferido
Duración: 10 horas lectivas

Obxectivos:

  • Achegar os contidos teóricos básicos que enmarcan e dan sentido á animación cibercultural.
  • Desenvolver habilidades básicas para deseñar unha iniciativa de animación cibercultural.

Programa:

  1. Un novo paradigma para comprender a animación sociocultural.
  2. Da animación sociocultural.
  3. A posmodernidade, novo paradigma.
  4. A intervención sociocultural no ciberespazo.
    • A sociedade do coñecemento.
    • Iniciativas en rede.
  5. Tarefa práctica.

A actividade realizarase integramente en modalidade online e en diferido, polo que non é necesario acudir a ningún centro.

Máis información e matrícula:
Consulta o calendario e a información da actividade

O centro resérvase o dereito a anular o curso se non se acada o número mínimo de matrículas establecido. Nese caso, devolverase integramente o importe da matrícula ás persoas xa inscritas.

 

https://extension.uned.es/actividad/53989&codigo=LAANI

Comments