Skip to main content
formacion

Curso en liña sobre animación hospitalaria

A UNED organiza un curso sobre animación sociocultural hospitalaria, unha disciplina orientada a favorecer a participación activa das persoas hospitalizadas, ofrecéndolles compañía e apoio. A formación centrarase especialmente no paciente pediátrico e nas posibilidades de intervención no ámbito hospitalario.

Data: 24 e 25 de novembro de 2026
Modalidade: en liña, en diferido
Duración: 10 horas lectivas

Obxectivos:

  • Achegar os coñecementos teóricos básicos sobre animación sociocultural hospitalaria.
  • Desenvolver habilidades prácticas para a posta en marcha de actividades de animación hospitalaria.

Programa:

Módulo 1. Pedagoxía e educación social

  • Introdución.
  • O tempo libre no hospital.
  • Espazos de ocio.
  • Pedagoxía hospitalaria.

Módulo 2. A persoa hospitalizada

  • Necesidades e apoios.
  • O paciente pediátrico e a animación hospitalaria.
  • A infancia hospitalizada.
  • Actividades lúdico-educativas no ámbito hospitalario.
  • Orientacións sobre o uso de xoguetes no hospital.
  • Experiencias de animación.
  • A familia da infancia hospitalizada.
  • Tarefa práctica.

A actividade realizarase en modalidade online e en diferido, sen necesidade de acudir ao centro.

Máis información e matrícula:
Consulta o calendario e a información da actividade

No caso de acollerse a un desconto na matrícula, será necesario achegar a documentación acreditativa correspondente. O centro resérvase o dereito a anular o curso se non se acada o número mínimo de matrículas establecido. Nese caso, devolverase integramente o importe ás persoas xa inscritas.

https://extension.uned.es/actividad/53991&codigo=ANIMA

Comments