Skip to main content
formacion

Curso en liña sobre escritura de textos para a animación teatral

A UNED organiza un curso sobre escritura dramática aplicada á animación teatral, empregando o teatro como ferramenta para favorecer o desenvolvemento persoal, grupal e comunitario.

A formación abordará a creación de textos dramáticos desde unha perspectiva participativa, como medio para impulsar o desenvolvemento sociocultural dunha comunidade.

Data: 15 e 16 de decembro de 2026
Modalidade: en liña, en diferido
Duración: 10 horas lectivas

Obxectivos:

  • Achegar os contidos teóricos básicos para crear un texto dramático no ámbito da animación teatral.
  • Desenvolver as habilidades prácticas necesarias para construír o texto xunto co grupo de referencia.

Programa:

Módulo 1. O contexto da animación teatral

Módulo 2. Que quero escribir

  • Desde onde imos escribir. Proceso participativo.
  • Imaxinación, orixinalidade e improvisación. Rodari e Propp.
  • Ideas centrais. Escaleta.

Módulo 3. Marco dramatúrxico

  • Variables espazo-temporais e enfoque do texto.
  • Composición e estrutura. As escenas.
  • A trama, as subtramas e os conflitos.

Módulo 4. Personaxes. Protagonistas e antagonistas

  • Historia dun personaxe, trazos e roles. Evolución dos personaxes.
  • Motivacións, urxencias e estratexias. Incidente desencadeante.
  • Estrutura: presentación, nó e desenlace.
  • Elementos para a posta en escena.
  • Tarefa práctica.

A actividade realizarase en modalidade online e en diferido, sen necesidade de acudir ao centro.

Máis información e matrícula:
Consulta o calendario e a información da actividade

No caso de acollerse a un desconto na matrícula, será necesario achegar a documentación acreditativa correspondente. O centro resérvase o dereito a anular o curso se non se acada o número mínimo de matrículas establecido. Nese caso, devolverase integramente o importe ás persoas xa inscritas.

 

https://extension.uned.es/actividad/53995&codigo=CETEA

Comments