Skip to main content

Convócase unha praza de data manager en saúde para o proxecto europeo EQUIO

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) convoca un proceso selectivo para a contratación de unha persoa data manager en saúde para a execución e xestión do proxecto europeo EQUIO, no marco do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal POCTEP 2021-2027.

Características da praza:

  • Praza: 1
  • Categoría: persoal laboral temporal, grupo I, categoría 4
  • Posto: data manager en saúde
  • Centro de traballo: Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria da ACIS, en Santiago de Compostela
  • Duración estimada: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2028, condicionada á existencia de financiamento adecuado e suficiente
  • Proxecto: EQUIO, «Equidade oncolóxica transfronteiriza cara á creación dunha comprehensive cancer care network (CCCN)»
  • Coordinación: Servizo Galego de Saúde
  • Idiomas de traballo: segundo as funcións e necesidades do proxecto

Requisitos principais:

  • Titulación universitaria de grao ou equivalente no ámbito das ciencias: Bioloxía, Farmacia, Biomedicina ou Biotecnoloxía.
  • Acreditar un nivel B1 de inglés ou equivalente.
  • Acreditar o coñecemento do galego mediante Celga 4, título de perfeccionamento ou estudos equivalentes.
  • Ter cumpridos 16 anos e non superar a idade de xubilación forzosa.
  • Cumprir os demais requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Funcións:

  • Apoio, deseño, organización e mantemento das bases de datos necesarias para o seguimento do proxecto.
  • Coordinación da integración e normalización da información procedente dos hospitais, servizos asistenciais e entidades socias de Galicia e do norte de Portugal.
  • Garantía da integridade, rastrexabilidade, consistencia e actualización dos datos.
  • Definición e actualización dos indicadores de seguimento e elaboración de informes periódicos.
  • Validación e depuración da información e detección de incidencias relacionadas coa calidade dos datos.
  • Garantía do cumprimento do Regulamento xeral de protección de datos e aplicación de técnicas de anonimización ou pseudoanonimización cando sexa necesario.
  • Elaboración de informes técnicos e apoio ás auditorías e procesos de avaliación.
  • Apoio á investigación e á análise dos resultados clínicos e organizativos.
  • Coordinación cos responsables da xestión de datos das entidades socias.

Proceso selectivo:

  • Valoración de méritos: ata 26 puntos.
  • Entrevista persoal: ata 2,6 puntos.
  • Á entrevista accederán as 10 persoas candidatas con maior puntuación na fase de méritos.
  • A entrevista terá unha duración máxima de 15 minutos e poderá realizarse de forma telemática.
  • Parte da entrevista poderá desenvolverse en inglés.

Presentación de solicitudes:

  • As persoas interesadas deberán presentar a instancia segundo o modelo establecido no anexo II, xunto coa documentación acreditativa indicada nas bases.
  • Poderá presentarse no Rexistro da ACIS, na avenida Fernando de Casas Novoa, 37-1º, portal A, Santiago de Compostela, ou nos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.
  • Tamén poderá presentarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004A, nos supostos previstos na convocatoria.
  • Prazo: 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación oficial.

As bases completas, o modelo de solicitude e o resto da información do proceso estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260925/AnuncioG0460-170926-…

Comments