Subvencións para agasallos de Nadal no Concello de Narón
O obxecto é a concesión de axudas destinadas á integración das persoas que carezan de recursos económicos propios suficientes, procurando que os menores das familias máis desfavorecidas do Concello de Narón teñan un agasallo polo Nadal, contribuíndo así ao fomento da igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias que, nestes momentos, teñan unha precaria situación económica.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/25/2026_0000006159.html




Comments