Bolsas de formación na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia convoca bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito de actuación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.
Beneficiarios:
Graduados universitarios nas áreas de coñecemento correspondentes ás distintas modalidades das bolsas descritas no apartado Primeiro da Resolución de convocatoria. A titulación requirida debe de obterse nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria, ou ben atopase o solicitante en condicións de obtela antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
Modalidades das bolsas:
Economía ou Empresa (código ECO): Grao en Economía, Empresa ou títulos análogos (Finanzas e Contabilidade; Administración e Dirección de Empresas; Estatística; Análise de Datos). Sede de Madrid: 6 bolsas.
Dereito (código DER): Grao en Dereito ou títulos análogos (Xestión e Administración Pública; Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas) Sede de Madrid e Barcelona: 6 bolsas.
Enxeñería (código ING): Grao en Enxeñería ou títulos análogos (matemáticas, estatística, física). Sede de Madrid: 1 bolsa.
Xornalismo (código PER): Grao en Xornalismo ou títulos análogos (Comunicación Audiovisual; Comunicación Corporativa, Publicidade; Relacións Públicas). Sede de Madrid: 1 bolsa.
Contía:
O importe mensual por beneficiario é de 1.240 € (mil douscentos corenta euros).
Prazo de presentación de solicitudes: do 28 de setembro ao 19 de outubro de 2026.
Máis información: BOE DE 26/09/2026




Comments