Praza de oficial tratorista no Concello de Lousame
É obxecto das presentes bases a regulación da convocatoria e proceso selectivo, a través do procedemento de concurso-oposición, para a cobertura dunha (1) praza de persoal laboral fixo, denominada “Oficial de 2ª e Tractorista”, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Lousame do ano 2023 (BOP 243 do 22/12/2023), identificada na Relación de Postos de Traballo co código 3108.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado; toda vez que se teñan publicadas as Bases reguladoras no Taboleiro Electrónico e Boletín Oficial da Provincia e anuncio de convocatoria no Taboleiro Electrónico, Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día fose inhábil, o prazo rematará ao seguinte día hábil seguinte.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/28/2026_0000006192.html




Comments