Convocatoria para obter o certificado do servizo de taxi no Concello de Santiago de Compostela
O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria e o proceso de avaliación das probas de aptitude necesarias para a obtención do permiso municipal de persoa condutora de auto-taxi no termo municipal de Santiago de Compostela, de conformidade coa normativa vixente en materia de transporte de viaxeiros.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/28/2026_0000006198.html




Comments