Apertura das Listas de contratación de SEAGA
A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) anuncia a apertura do prazo de incorporación de novos/as candidatos/as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal de Seaga.
O proceso de elaboración de listas previas abertas realizarase por concurso de méritos, avaliándose como tales.
- Experiencia profesional na categoría profesional correspondente.
- Outros: as correspondentes bases específicas poderán incluír realización de probas obxectivas, méritos complementarios, formación complementaria e/ou realización dunha entrevista persoal.
Cada aspirante poderá concorrer a un máximo de dúas categorías profesionais simultaneamente.
A información relativa a este anuncio está exposta na sede de Seaga, sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e mais na súa web: www.epseaga.com
Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 30 de outubro de 2026,
Bases específicas de cada categoría profesional.




Comments