Subvencións a entidades de servizos sociais no Concello de Carballo
A presente convocatoria pública ten por obxecto regular o procedemento administrativo para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar a execución de proxectos, programas e actividades desenvolvidos no eido dos servizos sociais e da atención socio asistencial no municipio de Carballo ao longo do exercicio 2026.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles que se contarán dende o seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da BDNS.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/08/2026_0000006420.html




Comments