Subvencións para asociacións culturais no Concello de Ferrol
O obxecto destas bases e da súa convocatoria é a regulación do procedemento para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva e con carácter anual (exercicio 2026), do programa de subvencións que convoca a Concellería de Cultura do Concello de Ferrol para a promoción e fomento da Cultura dende as asociacións culturais e entidades sen ánimo de lucro, que teñan sede no termo municipal de Ferrol, axustándose en todo caso aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade e non discriminación.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
As solicitudes irán dirixidas ao órgano competente para a concesión da subvención e presentaranse en formato electrónico a través do Rexistro electrónico da sede electrónica do Concello, no modelo que figura como anexo a estas bases, dentro do prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/09/2026_0000006465.html




Comments