Becas para deportistas municipais no Concello de Outes
Establecer a concesión de becas, mediante o procedemento de concorrencia competitiva, a deportistas Outenses que pertenzan ou non a entidades deportivas do Concello, e que destacaran na súa faceta competitiva durante os anos fixados na convocatoria, co obxectivo de apoiar e fomentar a práctica e o rendemento deportivo.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas na web do Concello.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Outes, ben presencialmente ou por sede electrónica no prazo de 15 días dende a publicación desta noticia no BOP da Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/16/2026_0000006587.html




Comments