Skip to main content
monitor

Curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Ourense

A Escola de Educación no Tempo Libre Xirxilar organiza unha nova edición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre, que se desenvolverá do 12 de novembro ao 11 de decembro de 2026.

Datas: do 12 de novembro ao 11 de decembro de 2026.

Lugar: Praza Mestre Luis Fernández, baixo nº1, Ourense

Días non lectivos: 7 e 8 de decembro.

Modalidade: semipresencial, combinando formación en liña e sesións presenciais.

Horario presencial: de luns a venres, de 8:00 a 13:30 horas.

Metodoloxía: a formación en liña realizarase a través dunha plataforma de teleformación Moodle, con acceso mediante clave. O alumnado poderá participar en aulas virtuais e contará co apoio de dúas titoras docentes para resolver dúbidas sobre os contidos e o funcionamento da plataforma.

Para superar a parte en liña, será necesario participar nas actividades propostas para cada módulo, incluídos foros, retos de gamificación e actividades en equipo.

Contidos: o programa abrangue as áreas de psicoloxía, educación no tempo libre, educación para a saúde, organización e recursos, animación, educación ambiental e natureza, así como o módulo de primeiros auxilios.

A distribución dos contidos entre a formación presencial e en liña permitirá compatibilizar ambas as modalidades.

Máis información: consultar o programa interactivo do curso.

Comments