Skip to main content
VOLUNTARIADO HOSPITAIS

Voluntariado de acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia

O programa de voluntariado de acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia xa está de volta… e trae novidades!

Estas accións teñen por obxectivo axudar ás persoas usuarias do sistema público de saúde, realizando funcións de apoio, información, relacionais, actividades lúdicas… e moitas máis

A Xunta pon a disposición das persoas doentes un dobre tipo de voluntariado. Por unha banda, un de apoio á información, que se basea no acompañamento aos distintos servizos dos centros sanitarios. E por outra banda, desenvólvese tamén un de carácter social, centrado en actividades lúdicas, conversacións, paseos ou lecturas organizadas por cada hospital ou centro de saúde.

Interésache axudar aos demais? Tes a maioría de idade?
A través da web voluntariadogalego.org, pode inscribirse calquera persoa maior de idade que, de xeito altruísta e solidario, desexe contribuír á mellora da calidade de vida da comunidade.

E lembra que se eres estudante universitario/a a túa acción voluntaria pode ser recoñecida con créditos universitarios.

Comments