Skip to main content
campamentos dixitais

Campamentos dixitais de verán

A Xunta ae Galicia convoca campamentos dixitiais dirixidos ao alumnado de entre 9 e 17 anos, para estadías en quendas dunha semana que se celebrarán desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, é dicir, coincidindo co período de vacacións escolares, cando os centros educativos abrirán para acoller esta iniciativa.

Na asignación das prazas terase especial atención ao alumnado de contornas vulnerables por cuestións de índole socioeconómica, por ter unha discapacidade ou por residir en zonas con baixa conexión, entre outras. 

Os centros educativos dispoñen ata o día 15 de abril para tramitar as solicitudes.
A solicitude realizaraa a dirección do centro por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (código PR004A), coa denominación “Campamentos dixitais de verán”.

Durante as estadías, en horario de 9:00 a 16:00 horas, os rapaces estarán atendidos por profesionais especializados en competencias dixitais contratados específicamente para desenvolver este programa, xa que o obxectivo é reforzar os coñecementos do alumnado e, deste xeito, contribuír a atallar a fenda dixital. Paralelamente, configúrase como unha medida de apoio á conciliación das familias na época estival, unha vez que remata o período lectivo.

Haberá dous itinerarios formativos: 
- competencias básicas dirixido a alumnado de entre 9 e 13 anos de idade
- competencias avanzadas para alumnado de entre 14 e 17 anos
O alumnado que superen o curso poderán certificar 30 horas de formación. Para o desenvolvemento das actividades os alumnos contarán con materiais dixitais específicos e metodoloxías activas.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/convocatoria_campamentos_dixitais_de_veran.pdf

Comments