
Programa de Bolsas Google-Fundae
Google, en colaboración con Fundae, ofrece bolsas para obter os certificados profesionais de Google en produtos e softwares do ecosistema tecnolóxico.
A formación é gratuíta, 100% en liña e práctica. A maioría dos certificados están dispoñibles en español (vídeos en inglés con subtítulos, cuestionarios e probas de avaliación en español). Na información relativa a cada certificado aparece o idioma no que está dispoñible.
Non se require experiencia nin formación previa, excepto no certificado IT Automation with Python, que require coñecementos previos ou cursar o certificado en Soporte TI.
Requisitos para acceder ao programa de bolsas:
- Ser residente en España.
- Ter máis de 18 anos.
- Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas e ás persoas afectadas por ERTE ou ERE.
Máis información: Becas Google-Fundae
Comments