Skip to main content
jae intro

Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro"

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 200 bolsas para estancias de sete meses consecutivos, de introdución á investigación "JAE Intro"

Requisitos: 
- Estar matriculados/as nun grao, título universitario oficial, de 240 "European Credit Transfer and Accumulation System" no curso académico 2023-2024 e que teñan polo menos 180 ECTS ou o 75% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
- Estar matriculados/as nun grao, título universitario oficial, de polo menos 300 ECTS no curso académico 2024-2025 e que teñan polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
- Estar matriculados/as nun dobre grao, título universitario oficial, de 300 ECTS ou máis, no curso académico 2024-2025, e que teñan polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
- Estar matriculados/as nun Máster Universitario oficial durante o curso académico 2024-2025 ou 2025-2026.

Finalidade:
A iniciación de estudantes universitarios/as na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia) mediante 200 bolsas para estancias de sete meses consecutivos en grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación coas que conta o CSIC, onde se desenvolve a actividade científica e técnica do CSIC, institutos de investigación, centros nacionais, plataformas temáticas interdisciplinares (PTI) e redes científicas. Propiciando unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

A contía total de cada bolsa será de 4.200 euros e será abonada en 7 mensualidades de 600 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 2 de maio de 2025

Máis información no BOE do 2 de abril de 2025 e en https://sede.csic.gob.es/tramites/programa-jae/jae-intro-2025

Comments