Skip to main content
uimp

Bolsas cursos de verán na Universidade I. Menéndez Pelayo 2025

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca, en réxime de concorrencia competitiva, bolsas dirixidas a estudantes e titulados universitarios para a asistencia ás actividades académicas que se celebrarán en Santander durante o verán de 2025.

Poderán beneficiarse das bolsas quen cumpra os seguintes requisitos:

a) Nacionalidade: os solicitantes deberán ser nacionais españois, nacionais doutro país membro da Unión Europea ou extracomunitarios con residencia legal en España.

b) Titulación académica:

1.º Ter matrícula formalizada no curso académico 2024-2025 en estudos oficiais de grao (ou en calquera outro estudo que equivalla a eles, segundo a normativa vixente) nunha Universidade dun Estado membro da Unión Europea e superar, ao tempo da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado, polo menos 60 ECTS; ou

2.º Finalizar os estudos oficiais de grao (ou equivalentes) con posterioridade ao 31 de decembro de 2018 nunha Universidade dun Estado membro da Unión Europea.

c) Nota media na titulación: deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico de grao (ou equivalente) igual ou superior a 6,0 puntos sobre base 10.

As bolsas adoptarán as seguintes modalidades:

a) Bolsa completa, que inclúe matrícula no curso solicitado e aloxamento en habitación compartida e manutención en réxime de pensión completa.
b) Bolsa de matrícula: nos casos nos que o solicitante considere que non precisa das prestacións de aloxamento e manutención. 

Prazo de presentación de solicitudes: do 3 ao 25 de abril de 2025. 

Máis información: Bolsas UIMP 
 

Comments