Skip to main content
EXPRAFAELUBEDACC25

Rafael Úbeda. Visión retrospectiva

A exposición Rafael Úbeda. Visión retrospectiva abrangue unha ollada completa da súa traxectoria creativa, afondando nos fitos máis relevantes da súa obra e das pezas representativas que marcaron cada etapa do camiño.

O artista, logo de sete décadas en activo, representa unha parte da historia da arte que enriquece o patrimonio de Galicia, así como unha das figuras das artes plásticas máis notables en España con conexións en diferentes lugares e escolas de Europa.

A exposición propicia unha viaxe polo universo e a biografía dun creador que representa un dos nomes principais da pintura galega.

O Museo Centro Gaiás reúne nesta mostra 56 pinturas, cinco debuxos e unha peza audiovisual inédita que axuda a comprender a súa evolución.

Úbeda desprega a súa vida en chave puramente artística e a súa obra pode entenderse como a construción dunha paisaxe interior- exterior que reflicte lugares, tempos e xentes.
Na exposición tamén se reflicte a gran importancia que a música tivo na vida do artista, converténdose nun elemento recorrente ao longo da súa obra.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

 

Comments