Skip to main content
galego

Dinamización da lingua galega na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para promover, fomentar e difundir as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega, co fin de potenciar o seu uso no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e nas actividades que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu termo municipal entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades culturais que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro.
- Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra 

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de maio de 2025
Máis información no BOP de Pontevedra do 14 de abril de 2025

Comments