Skip to main content
xove

Cal é o teu lugar preferido de Xove?

O Concello de Xove convoca o concurso de fotografía medioambiental “Cal é o teu lugar preferido de Xove?” co gallo de poñer en valor todos aqueles lugares do Concello que non resultan especialmente coñecidos. Poderá participar no concurso e ser beneficiario dos premios calquera persoa.

A documentación a presentar será a seguinte:
- Folla de inscrición establecida ao efecto
- A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Xove (presencialmente ou a través da sede electrónica: https://xove.sedelectronica.gal/ desde o día 1 de maio ata o venres 23 de maio ás 00:00 horas.

As fotografías poderán ser de calquera espazo natural (praia, campo, monte, río, xardín, árbore, pena.......) do Concello de Xove, e tamén poderán incluír a unha ou
varias persoas realizando unha acción dentro desa contorna natural.
As fotografías enviaranse por correo electrónico, dentro do mesmo prazo que para o envío da solicitude ao enderezo medio.ambiente@xove.es
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, que deberá enviar en formato JPG e nun tamaño mínimo de 1 MG e máximo de 10 MG.
O luns 26 de maio as fotografías dos participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de Facebook do Concello de Xove, resultando gañadores aqueles autores das fotografías que acaden o maior número de “ME GUSTA” por categoría ata o martes 3 de xuño, ás 0:00h.

Existirán tres categorías de participación, dotadas cada unha cun premio en metálico de 60 euros á fotografía máis valorada:
- Infantil, ata os 12 anos.
- Xuvenil, de 13 a 17 anos (ambos incluídos).
- Adulto, de 18 anos en diante

Máis información 

https://www.xove.es/omix 

Comments