
Premio "José Gil" de audiovisuais
A Deputación da Coruña convoca o I Premio “José Gil" de audiovisuais.
Consta de tres modalidades diferenciadas:
A) Modalidade de guión de longametraxes de ficción en lingua galega
B) Modalidade de guión de longametraxes documental en lingua galega
En ambas modalidades poderán participar persoas maiores de idade, escritoras ou guionistas con proxectos de obras inéditas, non premiadas nin seleccionadas en ningún outro certame ou laboratorio, nin publicadas ou rexistradas, total ou parcialmente.
C) Modalidade de traxectoria ou iniciativa de especial relevancia no audiovisual galego
Nesta modalidade poderán presentar candidaturas argumentadas todas as persoas físicas, maiores de idade, ou xurídicas interesadas na promoción do audiovisual galego
Establécense tres premios, dotados con 6.500€, un para cada modalidade.
O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 28 de maio de 2025
Máis información no BOP da Coruña do 28 de abril de 2025
Comments