Festival Escenas do Cambio 2025
O Festival Escenas do cambio, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude comeza o xoves 8 de maio a través da danza, a música, o teatro e as artes vivas de vangarda.
Do 8 ao 11 de maio, Escenas do cambio transitará entre a Cidade da Cultura e o Salón Teatro para traer a vangarda escénica a Santiago de Compostela, con artistas e compañías procedentes de oito países: España, Alemaña, Australia, Bélxica, Corea do Sur, Cuba, Portugal e Suíza.
As entradas para os espectáculos pódense mercar en Ataquilla e no Museo Centro Gaiás.
Toda a programación do festival está dispoñible na web da Cidade da Cultura e en escenasdocambio.org.
A Xunta de Galicia organiza Escenas do cambio 2025 coa colaboración do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música – INAEM, o Instituto Camões e o Goethe Institut.




Comments