Ir o contido principal
Schuman

Bolsas Schuman no Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo ofrece diversas prácticas na súa Secretaría para contribuír á formación profesional dos mozos cidadáns e á súa comprensión do funcionamento da institución. Estas prácticas teñen unha duración de cinco meses.

As bolsas Schuman son remuneradas e poden gozarse nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo (Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo) ou nas súas oficinas de ligazón nos Estados membros.

Requisitos:

_Ser maior de 18 anos.
_Posuír un título de nivel universitario.
_Ter un profundo coñecemento dunha das linguas oficiais da UE e moi bo coñecemento doutra delas.
_Achegar un certificado de antecedentes penais válido.
_Non traballar nin gozar de ningún outro tipo de bolsa por máis de dous meses consecutivos nunha institución, organismo ou axencia da Unión Europea.
_Non realizar unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo nos seis meses anteriores ao comezo do período de prácticas.

Período de inscrición:  Desde o 12/05/2025 ata o 31/05/2025

Máis información: Parlamento Europeo

Comments