Día internacional dos Museos 2025. Da noite ao día, habitando o Museo Gaiás
O Museo Centro Gaiás abre as súas portas á noitiña con motivo do Día Internacional dos Museos e propón unha serie de visitas especiais para experimentalo como espazo acolledor, contemporáneo e cargado de posibilidades.
Ao longo de dúas xornadas, o sábado 17 e o domingo 18 de maio, poderedes habitar o museo gozando de música en directo e dun petisco para acompañar o baile, mergullándovos en experiencias inmersivas e interactivas e tamén descubrir como funciona por dentro o grande espazo expositivo da Cidade da Cultura.
Todas as actividades son gratuítas e pensadas para todos os públicos.
Este ano, o Día Internacional dos Museos leva por lema O futuro dos museos en comunidades en constante cambio, e celebra como estes centros culturais están dando forma a un futuro máis inclusivo, innovador e sostible.
Máis información:
www.cidadedacultura.gal




Comments