Ir o contido principal
comic

Subvencións a Creación de Cómic 2025

O Ministerio de Cultura, convoca 40 axudas para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, para a creación literaria de obras orixinais na modalidade de cómic. As obras deberán ter unha extensión mínima de 40 páxinas.

subvencións en réxime de concorrencia competitiva para a creación de cómic correspondentes ao ano 2025.

O obxectivo destas axudas é fomentar a creación de cómics nas linguas oficiais de España, así como aquelas con recoñecemento xurídico nos estatutos de autonomía.

Destinatarios.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e agrupacións de persoas físicas que cumpran os requisitos que se indican na convocatoria. Cada participante só poderá concorrer cun proxecto.

Só poderán presentarse a estas axudas os creadores que acrediten ter publicada polo menos unha obra por unha editorial en calquera país, xa sexa en formato impreso como en dixital, de maneira en individual ou en coautoría. 

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o 14 de maio de 2025 ás 00:00 ata o 04 de xuño de 2025 ás 23:59

Máis información: Ministerio de Cultura
 

Comments