Exposición 'O retorno do máxico'
O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle desde o 15 de maio ata o 28 de xuño o proxecto expositivo 'O retorno do máxico', das artistas madrileñas Consuelo Chacón e Patricia Mateo e o artista, José Luis López Moral.
As tres estarán presentes este xoves 15 de maio ás 12.30 horas no acto de inauguración, que presidirá a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, e ao que tamén asiste o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, así como a comisaria da mostra, Paula Cabaleiro.
'O retorno do máxico' conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Permanecerá aberta de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
Máis información:
www.usc.gal




Comments