Ir o contido principal
lectorados galego

6 Bolsas de Formación nos Lectorados de Lingua Galega ano 2025

A Consellería de Cultura convoca 6 (seis) BOLSAS DE FORMACIÓN nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2025 nos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se relacionan na táboa seguinte:

Universidade do Algarve Faro Portugal

Universitat Autònoma de Barcelona

Universidad de Granada

Universitat de Barcelona

Universidade do Estado do Río de Janeiro Río de Janeiro Brasil

Sveučilište u Zadru Zádar  Croacia


Poderá solicitar as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

• Licenciatura en Filoloxía Galega.

• Licenciatura en Filoloxía Románica.

• Grao en Lingua e Literatura Galegas.

• Grao en Estudos de Galego e Español.

• Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.

• Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.

• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

b) Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento PL500E)

Prazo de presentación das solicitudes: do 17 de maio ao 17 de xuño de 2025. 

Máis información: DOG do 16/05/2025
 

Comments