A Xuventude no Mundo: Intercambio coa Prefectura de Wakayama
No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca un intercambio xuvenil á Prefectura de Wakayama (Xapón):
_ País: Xapón
_ Entidade de acollida: Prefectura de Wakayama
_ Nº prazas: 15
_ Datas de realización: 7-12 setembro 2025
Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio. Non poderán participar no intercambio sinalado os mozos e mozas que participaran noutro intercambio ao mesmo país no marco do programa “A Xuventude no mundo” nas últimas tres edicións realizadas (2019, 2023 e 2024).
Prazo de inscrición: do 26 ao 30 de maio de 2025, ou ata esgotar as prazas. O formulario estará dispoñible desde as 14:00 horas do 26 de maio.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Máis información: A Xuventude no Mundo




Comments