Ir o contido principal
CASCC25

Castelao. Mirar por Galicia 2025

Castelao. Mirar por Galicia representa a experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un percorrido para atravesar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis senlleiras da historia de Galicia.

O proxecto, que abrirá as súas portas no Museo Centro Gaiás o 26 de xuño de 2025, conta coa asesoría e dirección histórico-artística de Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao e posiblemente o maior especialista na biografía, obra e achegas da figura de Castelao.

O Goberno galego declarou 2025 como Ano Castelao co gallo da celebración do 75 aniversario do seu pasamento e como “mostra de gratitude do pobo galego” a esta figura senlleira da cultura e política galegas.
Con motivo desta declaración, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten preparada unha ampla programación para enxalzar as importantes achegas do intelectual galeguista, entre as que se encadra Castelao. Mirar por Galicia.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

 

Comments