Formación Profesional curso 2025/2026
Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e réxime para as persoas adultas.
Inscricións:
Dende o 16/06/2025 ata o 02/07/2025 ás 13 h.Quen obteña o requisito de acceso por obter un título de FP ou a ESO no curso 24/25 presentará a solicitude a partir do 23 de xuño.
Requisitos:
-Débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador.
-Non é recomendable empregar un móbil.
-Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
-Para os ciclos medios: ter ESO, FP básica, proba de acceso...
-Para os ciclos superiores: ter bacharelato, CM, proba de acceso...
Antes de iniciar o proceso consulta:
-Instrucións xerais do proceso de admisión oferta ordinaria.
-Instrucións xerais do proceso de admisión oferta modular (persoas adultas presencial e distancia).
-Asistente informático.
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
-Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
-No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
-Consultar as Resolucións de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
-No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).
Máis información:
www.edu.xunta.gal/fp
Servizo de xestión de FP:
admision.ciclos@edu.xunta.gal




Comments