Ir o contido principal
EXPUSC25

Exposición 'Traxes e cores de Galiza. A identidade na plástica de Castelao'

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade na plástica de Castelao', que terá lugar no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A mostra inauguraráse o 7 de xullo ás 12.00 h nun acto que estará presidido pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, e que contará coa asistencia do deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luis Penas Corral, e co presidente da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, José Luis Rodríguez.

A exposición poderá verse ata o 30 de agosto en horario de luns a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas no Colexio de Fonseca.

Máis información:
www.usc.gal

 

Comments