Ir o contido principal
EXDOUSC25

Exposición 'Un achado excepcional: 25 anos da Domus do Mitreo’

O Colexio de Fonseca súmase ao programa de actividades de conmemoración do evento coa exposición ‘Un achado excepcional: 25 anos da Domus do Mitreo’.
A través de 12 paneis con fotografías, moitas delas inéditas procedentes do arquivo do arqueólogo-director, C. Rodríguez Cao, mostrarase a súa evolución desde a escavación ata a musealización.
Poderá verse a complexidade da escavación e da restauración do seu material, a investigación e o museo actual.

O acto de inauguración será o 8 de xullo ás 12.00 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca e estará presidido polo reitor, Antonio López Díaz.
Asistirá tamén a directora do Museo Domus do Mitreo, María Dolores Dopico Cainzos.

A mostra estará aberta ata o 26 de setembro, en horario de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Máis información:
www.usc.gal

 

Comments