Ir o contido principal
CERBIINS25

Certame “Bibliotecas que inspiran”

O certame “Bibliotecas que inspiran” pretende promover e difundir os proxectos e actuacións realizadas nas bibliotecas públicas ou axencias de lectura municipais de Galicia que constitúan unha boa práctica de xestión bibliotecaria, redunden nun mellor servizo á cidadanía, sirvan para promover e dinamizar a lectura e o acceso á cultura e teñan un impacto positivo na comunidade, co obxecto de que poidan servir de inspiración e exemplo a outros centros bibliotecarios.

Establécense dúas categorías en función da poboación do concello no que se asente a biblioteca:

- Entidades locais que conten cunha poboación de ata 10.000 habitantes

- Entidades locais de máis de 10.000 habitantes

Cada categoría estará dotada cun premio de 3.000 € e un diploma que recoñecerá a iniciativa premiada.

O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (o prazo de presentación rematará o día 4 de agosto).

Máis información:
DOG 2 Xullo 2025
Sede Electrónica

Comments