Convocada unha praza de Técnico/a do punto de atención á infancia en Vilariño de Conso
Sistema de acceso:
concurso-oposición libre.
Requisitos:
a) Nacionalidade española, sen prexuízo da posibilidade de participación de persoas de nacionalidade doutros estados.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión, ou en condicións de obter na nata de finalización do prazo de presentación de solicitudes da seguinte titulación ou as súas equivalencias:
Títulos universitarios:
- Titulo de grao en educación infantil.
- Mestre/a especialista en educación infantil (diplomatura).
- Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica coa especialidade de educación infantil ou de educación preescolar
- Mestre en educación primaria coa especialidade de educación infantil ou preescolar.
Títulos de Formación Profesional:
- Técnico/a superior en educación infantil.
- Técnico/a especialista en xardíns de infancia, rama de servizos á comunidade.
- Técnico/a especialista educador infantil, rama de servizos á comunidade.
- Técnico/a superior en educación infantil.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación.
d) Ter coñecemento da lingua galega
e) Ter coñecementos en primeiros auxilios, que se acreditará mediante o diploma ou o certificado do curso en primeiros auxilios, ou documentación acreditativa da superación da materia de primeiros auxilios en calquera das titulacións.
f) Carné/título de manipulador alimentos.
g) Certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
h) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.
i) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas
Solicitudes:
Prazo:
20 días hábiles dende a publicación no BOE
Máis información:




Comments