Ir o contido principal

Bolsa de emprego para operario/a de servizos no Concello das Somozas

O Concello das Somozas abre o prazo para participar no proceso selectivo destinado á creación dunha bolsa de emprego para cubrir, con carácter temporal, prazas de operario/a de servizos.

Funcións do posto

As persoas contratadas realizarán tarefas de mantemento e limpeza de instalacións e bens municipais (albanelería, fontanería, xardinería, etc.), recollida de lixo e manexo de maquinaria municipal para desbroce e limpeza de vías.

Requisitos principais

  • Nacionalidade española ou doutros Estados nos termos establecidos na normativa.

  • Idade mínima de 16 anos.

  • Titulación mínima: ESO ou equivalente.

  • Permiso de conducir clase B (valorarase dispoñer de C1, C ou BE).

  • Coñecemento de galego nivel Celga 2 (ou superar proba).

Sistema de selección

O procedemento será mediante concurso-oposición libre, cunha fase de concurso (valoración de experiencia, formación e permisos de condución) e unha fase de oposición con proba teórico-práctica, proba práctica de manexo de maquinaria e, se procede, proba de galego.

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña (14/08/2025).

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, deberán presentarse segundo o modelo oficial dispoñible no Concello das Somozas.

Máis información: Consulta as bases completas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, nº 154, do 14 de agosto de 2025.

Comments