Ir o contido principal

Convocatoria e bases do proceso selectivo para a cobertura de 2 prazas de chófer-palista en Vilalba

Requisitos: 

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público;

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas;

c) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos

d) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

e) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

f) Posuír a titulación de graduado en ESO ou equivalente.

g) Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego.

Prazo: 

O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria Boletín Oficial da Provincia de Lugo.  

Máis información: 

Px 28 do BOP

Comments