Ir o contido principal
ciencia

Petiscos de ciencia

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, convoca a 4ª edición do concurso Petiscos de ciencia de vídeos de divulgación científica.

Esta iniciativa diríxese ao alumnado da ESO, formación profesional e bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma. Pódese participar de forma individual ou en grupos de como máximo 3 persoas, coordinados por un/unha docente do seu centro de ensino.

Para participar cómpre elaborar e presentar un vídeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atenda cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia

O prazo para a presentación dos traballos remata o 15 de outubro de 2025.

Todos os detalles, poden consultarse na Convocatoria desta edición

 

Neste ano 2025 o concurso repartirá os seguintes premios:

1º premio.- Agasallo por valor de 250 euros.

2º premio.- Agasallo por valor de 150 euros.

3º premio.- Agasallo por valor de 100 euros.

4º premio.- Agasallo por valor de 50 euros.

5º premio.- Agasallo por valor de 50 euros.

Comments