Ir o contido principal

Convocatoria para a cobertura da praza de encargado/a de obras e servizos no concello de Cervo

Para ser admitido/a no proceso selectivo de concurso oposición, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Nacionalidade: Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.

b) Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Titulación: Estar en posesión da titulación de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Capacidade: Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

e) Habilitación: Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin acharse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

f) Lingua Galega: Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel Celga 3 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. Quen non o acredite documentalmente deberá superar unha proba específica de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Solicitudes: 

1. Prazo e forma: As solicitudes para participar no proceso selectivo, que se deberán formalizar segundo o modelo oficial que figura como Anexo I a estas bases, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Cervo. Nelas, os/as aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na convocatoria. A presentación das solicitudes realizarase no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

2. Medios de presentación: As solicitudes poderán presentarse por calquera dos seguintes medios:

  • De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Cervo.
  • Por calquera dos outros medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

 Máis información: 

PX 1-9 BOOP

Comments